CORAL POLIFONICA AGARIMO




BREVE HISTORIAL DA CORAL POLIFÓNICA AGARIMO
A Coral Agarimo fundouse no ano 1995 como unha actividade propia máis da AVV San Salvador de Torneiros (O Porriño).
            Ofrece un repertorio variado de xéneros nas súas actuacións como habaneras, canción española, galega tradicional, panxoliñas, sacra e de outros temas.
            Ademais de actuar na meirande parte dos concellos da provincia de Pontevedra, é de destacar  as súas actuacións en moitos concellos das outras tres provincias  galegas, na TVG e no Centro Cultural Caixavigo, así como en León e Portugal. Ademais acompaña Misas Solemnes, de festividades parroquiais e de outras cerimonias.
            A Coral está sempre aberta a todas cantas persoas se sintan atraídas por esta actividade cultural, que fomenta a convivencia entre os veciños, poñendo por encima de todo a súa ilusión e o empeño en facelo ben, sendo membro asociado da Federación Coral Galega e colabora co Concello de O Porriño e coa Deputación de Pontevedra.
            Dende o ano 2007 está dirixida por D. Rafael Pérez Dopeso.




COMPOÑENTES


Demetria, Mª Lucía, Anunciación del Pilar, Alfred, Albino, Jesús, Basilio, María, Digna, Bienvenido, Rosa, Angélica, Carmen, Bienvenida, José, Cándida, Celia, Mª Isabel, Manuel, Carmen, Alfonso, Laureano, Carmen, Maria, Mª Carmen, Manuel, Juan E, Angel, Mª José, Isidora Encarnación, Laura, Jesús, Mª Carmen, Mª Susana, Ana, Maximino.